-
Apreciado/a educador/a:
Primeiro de todo, grazas por contestar este Cuestionario HEBE sobre empoderamento xuvenil para educadores/as. Dentro do contexto do Proxecto HEBE (www.projectehebe.com), financiado polo Ministerio de Economía, Ciencia y Competitividad (Ref. EDU2017-83249-R), este cuestionario pretende axudar a identificar os factores potenciadores e limitadores do empoderamento xuvenil a partir da visión dos educadores e educadoras que traballan cos mozos/as. Inicialmente planeamos unha clasificación baseada nas seguintes áreas:
• educación especializada (intervención socioeducativa con mozos/as en situación de risco e/ou marxinación)
• formación ocupacional (intervención socioeducativa con mozos/as en procesos de inclusión sociolaboral)
• animación sociocultural (intervención e dinamización socioeducativa con mozos/as)
• educación formal (profesorado de educación secundaria, bacharelato e educación profesional)
O cuestionario respóndese nuns 15 minutos, e permite recoller información destas seis dimensións:
1. Datos de perfil dos educadores e educadoras
2. Metodoloxías e estratexias aplicadas polos educadores e educadoras que traballan cos mozos e mozas
3. Elementos contextuais institucionais que favorecen ou obstaculizan a labor dos educadores e educadores no seu traballo cos mozos e mozas
4. Elementos contextuais comunitarios que favorecen ou obstaculizan a labor dos educadores e educadores no seu traballo cos mozos e mozas
5. Contribución da labor dos educadores e educadoras ás dimensións do empoderamento xuvenil
6. Valoración dos espazos e incidentes críticos sobre o empoderamento xuvenil
Antes de comezar, confirmamos que a información aportada será confidencial e será tratada sempre de forma anónima. Pola nosa parte, so será considerada a efectos de investigación, baixo o establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais e normativa complementaria, así como as previsións do Regulamento xeral de protección de datos (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016.
-
Antes de comezar, confirme que acepta estas consideracións e que accede ao cuestionario libre e voluntariamente, sabendo que as súas respostas poden utilizarse -confidencialmente- nas nosas investigacións.
-
1. DATOS DO PERFIL
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-